Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Peláez: "Son un namorado da xuventude, pero sei a que liga veño"

David Peláez: "Son un namorado da xuventude, pero sei a que liga veño"

O orzamento do Lugo será duns 2,5 millóns de euros para o equipo e corpo técnico

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 19/06/2023 15:36 Última actualización 19/06/2023 15:42

O novo director deportivo do C. D. Lugo, David Peláez, explicou na súa presentación que o orzamento que manexará o equipo galego na súa primeira tempada tras o descenso a Primeira Federación, uns 2,5 millóns de euros para o plantel e corpo técnico, segundo a estimación do presidente do club, permitiralles afrontar o mercado con ambición 

"O orzamento fainos ser ambiciosos no mercado. A partir de aí, temos que traballar moito porque no fútbol o diñeiro non o é todo", advertiu na súa comparecencia no Anxo Carro, onde estivo acompañado polo mandatario do Lugo, Tino Saqués.

Unha das súas primeiras tarefas será a contratación do adestrador que tentará levar de volta ao Lugo ao fútbol profesional: 

"Estamos a avanzar no tema do adestrador, de xeito conxunto co presidente. O adestrador vai ser consciente dos xogadores que van vir e traballaremos en consonancia", sostivo Peláez, que espera pechar pronto tanto o técnico como as primeiras fichaxes.

Esta é a súa proposta de xogo e os seus gustos:

"Son un namorado da xuventude, pero sei a que liga veño. Buscamos equilibrio".

"Gústame o mercado portugués".

O adestrador saínte, Íñigo Vélez, foi incorporado pola Ponferradina, equipo que tamén sufriu o descenso a Primeira Federación, e o presidente do Lugo, Tino Saqués, explicou a polémica que xerou o anuncio da súa contratación por parte do cadro berciano.

"Axendamos unha reunión (con Vélez e o seu representante) para o sábado e hora e media despois díxollenos que ía asinar coa Ponferradina. Lea (coa Ponferradina), non hai, pero as cousas hai que comunicalas cun criterio, non unilateralmente. Non hai máis lea que ese", manifestou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos