Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Castro: "Non foi o noso mellor día. Estivemos espesos"

David Castro: "Non foi o noso mellor día. Estivemos espesos"

O defensa do Rácing de Ferrol analizou a derrota en Mérida

G24.gal 09/04/2023 15:33

Foi o primeiro partido perdido polo conxunto ferrolán na segunda volta. No Estadio Romano José Fouto extremeño o equipo verde sufriu dous tantos a balón parado o que puxo moi costa arriba o marcador. Aínda así, acabou con opcións de puntuar. Valorouno o central David Castro.

"Non foi o mellor día, imprecisos co balón, espesos. Falta de confianza non foi. Pensaremos que foi un mal día, que non estivemos ao noso nivel, traballar e seguir. O segundo é gol olímpico e o primeiro nunha disputa. É algo que temos que mellorar. Hai que preparar a semana porque é especial. Non podemos dicir que é un partido coma os outros, é un rival directo e ata o final todo decidirá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade