Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dalisson provoca a tolemia en Pasarón

Dalisson provoca a tolemia en Pasarón

O Pontevedra elimina o Vilarreal da Copa do Rei cun gol no minuto 88

G24.gal 04/12/2024 23:06

O Pontevedra deu unha das grandes sorpresas da Copa ao derrotar ao Vilarreal na segunda eliminatoria. Un gol de Dalisson a dous minutos do final foi decisivo para que o equipo de Yago Iglesias, de Segunda Federación, eliminase un conxunto que está pelexando esta temporada en postos europeos. 

Non sentaran os afeccionados nos asentos cando Xabi Domínguez xerou a primeira ocasión. Chiqui tamén estivo preto de marcar o gol ante un Villarreal que foi unha sombra do que está a amosar na Liga. De nada serviron os trocos e os movementos tácticos que foi facendo Marcelino ao longo do partido. Os amarelos só xeraron perigo a balón parado. 

O Pontevedra volveu estar preto do gol nunha ocasión de Charly contra o lateral da rede. Yelko realizou unha gran chilena que marchou fóra por pouco. Era o momento de Álex González, Rufo e Dalisson, que entraron no partido igual que fixeran contra o Levante. Merecía o gol o Pontevedra e atopouno a pouco do final cun espectacular tanto do hispano brasileiro desde lonxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade