Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai 23 anos da serie 'Mareas vivas'

Fai 23 anos da serie 'Mareas vivas'

Carlos Ares, cocreador da serie, recordou esta data nas súas redes sociais

G24.gal 12/01/2022 13:52

Hoxe fai 23 anos que se estreaba a serie Mareas vivas na nosa televisión. Emitiuse desde o ano 1998 ata 2002, producindo 10 temporadas que recolleron nin máis nin menos que 152 capítulos que aínda se poden ver na nosa web.

Carlos Ares, cocreador da serie xunto con Antón Reixa, Xosé Castro e Andrés Mahía, recordou esta data nas súas redes sociais publicando dúas imaxes da produción de Mareas vivas.

A serie, que foi rodada e ambientada na Costa da Morte, alcanzou tanto éxito que chegou a ser emitida en Telemadrid e na televisión autonómica vasca (ETB). Éxito que conseguiu tamén grazas ao elenco composto por actores e actrices recoñecidas como Luis Tosar, Luis Zahera, Martiño Rivas, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Isabel Blanco, Sonia Castelo, e Mercedes Peón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade