Cultural e Racing neutralízanse e acaban empatando sen goles
Cultural e Racing neutralízanse e acaban empatando sen goles
As mellores ocasións chegaron na segunda parte, pero nin Carlos Vicente nin Obolski acertaron coa porta contraria
Eduardo Galeano deixou escrito que un cero a cero simboliza dúas bocas abertas boquexando. Eso foi o que provocou entre os afeccionados a primeira metade entre a Leonesa e o Racing de Ferrol, no que o medo a perder puido máis que o empeño por gañar. Nin un disparo a porta ensaiaron os dous equipos nos corenta e cinco minutos iniciais, que remataron con remate alto de Trigueros.
Mellorou o xogo no segundo tempo, sobre todo o do Racing, que superou os locais. Non concedeu achegamentos ao rival e dispuxo de dúas boas oportunidades por medio de Carlos Vicente.
A Leonesa foi arriba no último cuarto de hora e converteu a Gazzaniga na gran figura do partido. O arxentino realizou tres intervencións decisivas salvadoras para o seu equipo que serviron para deixar a súa porta a cero e traer un valioso punto do Reino de León.