Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cultiva unha cebola que supera os dous quilos

Cultiva unha cebola que supera os dous quilos

Un veciño de Vigo, que recoñece que lles canta ás súas hortalizas, apañou a cebola coa que pensa que vai cociñar

A cebola superou os dous quilos na báscula
G24.gal 01/11/2021 15:38

Parece un balón de fútbol pero é unha cebola. A máis grande que recolleu ata o de agora un veciño de Bembrive, en Vigo.

Pesa uns dous quilos. A verdade é que o seu propietario, Manolo, foi o primeiro sorprendido coas dimensións que acadou esta cebola. Asegura que non fixo nada fóra do habitual. Plantou coma sempre as sementes dun ano para outro, pero o crecemento deste exemplar foi extraordinario. 

Con todo, Manolo si ten un segredo: na leira canta para as súas cebolas. El é un namorado da súa horta, onde atopa os alimentos mais saudables.

Polo de agora esta cebola está na neveira, pero pronto se converterá en ingrediente de moitas receitas gastronómicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade