Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuestionan a clasificación da perigosidade dos cans só pola raza

Cuestionan a clasificación da perigosidade dos cans só pola raza

Piden que se valore o cáracter de cada animal en concreto 

Din que a norma actual prexudica innecesariamente os cans de razas potencialmente perigosas de cáracter tranquilo

G24.gal 25/05/2022 13:57

Che sae sempre á rúa atado e con bozo, como establece a lei para os cans potencialmente perigosos. Alejandra asegura que é moi tranquilo, pero que a xente en xeral evítao e máis ultimamente, desde que se rexistrou un incidente cun destes cans na Estrada. 

Recoñece que hai donos de cans potencialmente perigosos, como os chaman habitualmente, que incumpren a norma ou encontran a maneira de eludila, "é que tamén depende de como o clasificase o veterinario, ves que é un pitbull pero se o veterinario puxo mestizo doutra cousa, legalmente non teñen porqué."

"Moitos casos de cans agresivos que tiven que adestrar non son de razas potencialmente perigosas, coma un pastor alemán, que podería facer o mesmo dano ca un dóberman ou un pitbull e non está na lista de cans potencialmente perigosos".

Alejandra é adestradora canina e, igual ca motos outros profesionais, considera que a clasificación de perigosidade por razas é moi discutible. Na súa opinión o determinante ten que ser o carácter do can. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade