Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuarto Trofeo Zarra para Iago Aspas, alicerce do novo proxecto do Celta

Cuarto Trofeo Zarra para Iago Aspas, alicerce do novo proxecto do Celta

Marcou 17 goles, os mesmos que De Tomás, e igualou a David Villa con catro galardóns

Comeza a planificación dun equipo do que xa se despediron Nolito e Dituro

G24.gal 22/05/2022 12:52 Última actualización 23/05/2022 21:27

Iago Aspas rematou outra temporada en que volveu estar nos seus números. O de Moaña marcou 17 goles, fíxose co seu cuarto Trofeo Zarra (cos mesmos goles que o españolista Raúl de Tomás) e igualou a David Villa con catro galardóns. 

A regularidade de Aspas é asombrosa. Nunca baixou dos 12 goles xogando co Celta en Primeira División. Os dezasete desta temporada son a súa cuarta mellor marca (a mellor son os 22 da temporada 17-18) e será o alicerce do novo proxecto en Casa Celta. 

"Estamos lonxe dos sete primeiros presupostos de La Liga" asegurou Iago logo da derrota diante do Valencia "pero pelexaremos por derrubar esa barreira". O obxectivo principal é a permanencia, pero Europa é un soño apetecible ao que tender cara a unha nova campaña en que haberá revolución no equipo celeste. 

Tal e como recoñeceu Coudet "medio equipo do que xogou en Mestalla non continúa para a vindeira temporada". O club xa se despediu de Nolito e manifestou a súa intención de non contar con Denís para a vindeira temporada. Os cedidos tampouco seguirán: Dituro anunciou na súa conta de instagram que deixa o Celta e o mesmo pasará con Galhardo ou Murillo, que tamén confirmou a súa marcha en redes sociais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos