Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuarta derrota seguida como visitante do Ourense Club de Fútbol (2-1)

Cuarta derrota seguida como visitante do Ourense Club de Fútbol (2-1)

Caeu no campo do Arenas, un rival directo pola permanencia que avantaxa agora aos ourensáns en cinco puntos

G24.gal 01/02/2026 14:02

O Ourense Club de Fútbol perdeu no campo do Arenas de Getxo (2-1) diante dun rival co que pelexa pola permanencia e do que queda agora cinco puntos por detrás. No minuto 25 Txus Vizcay marcou o primeiro gol do partido aproveitando un centro de Lartitegi. Este xogador viu como lle anulaban un gol pouco máis tarde ao comezar a acción en posición incorrecta. 

Na segunda metade o técnico ourensán meteu a Rabadán por Nacho Castillo e foi o coruñés Guerrero o que tivo unha boa ocasión para empatar. Pero no 54 aumentou a diferenza Álex Hidalgo. Tivo moitas ocasións o Ourense para meterse no partido, pediron unha revisión na área por caída de Enol Coto pero o tanto non chegou ata o 85 cando Rabadán empurrou un rexeite do traveseiro. Ata o final dominou o conxunto galego pero á contra as mellores ocasións foron para o Arenas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade