Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asociacións agrarias e do pequeno comercio critican a cesta da compra con produtos topados

Asociacións agrarias e do pequeno comercio critican a cesta da compra con produtos topados

Os produtores temen unha baixada nos prezos que lles pagan

Os comerciantes cren que pode haber unha fuxida dos clientes cara ás grandes áreas

Un comerciante dunha pequena tenda de comestibles en Ourense
G24.gal 12/09/2022 14:45

O pequeno comercio séntese discriminado ante a posta en marcha dunha cesta da compra co prezo dos produtos topados. Din que esta medida levará aos consumidores a mercar aínda máis nas grandes areas comercias e prexudicará ao comercio de proximidade que non pode competir en prezo coas grandes distribuidoras. 

A medida tamén causa preocupación no sector agroandeiro. Os produtores temen que acaben baixando os prezos que lles pagan a eles en orixe pola carne, o leite ou os produtos de horta.

Unha situación insostible, aseguran, tendo en conta o incremento dos custos de produción. Esixen que se faga cumprir a Lei da cadea alimentaria que impide vender por debaixo do custa producir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade