Cargando resultados...
Cristóbal, renovado no Rácing: "Feliz e contento, con toda a ilusión posible"
O técnico seguirá contando con Javier Manjarín como segundo adestrador
G24.gal
04/06/2024 12:51
Última actualización 04/06/2024 13:04
O Rácing Club Ferrol e Cristóbal Parralo alcanzaron un acordo para prolongar a súa vinculación durante unha tempada máis. O técnico seguirá contando con Javier Manjarín como segundo adestrador.
"Feliz e contento, con toda a ilusión posible".
"Foi o meu desexo. Cando levas tanto tempo podes pensar en marchar pola porta grande".
"Quedan moitas cousas boas por chegar".
Cristóbal Parralo e Javier Manjarín chegaron ao Rácing Club Ferrol en febreiro de 2021, converténdose en pezas claves na chegada e consolidación do equipo ao fútbol profesional.