Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristóbal: "Pensar noutra cousa a estas altura sería unha equivocación"

Cristóbal: "Pensar noutra cousa a estas altura sería unha equivocación"

O técnico resaltou tamén a fe que tivo o equipo para derrotar un favorito para o ascenso

G24.gal 26/09/2023 11:49 Última actualización 26/09/2023 11:59

O adestrador do Rácing de Ferrol, Cristóbal Parralo, afirmou este luns que o seu "equipo creu, tivo fe", para conseguir a vitoria ante o Real Zaragoza, invicto ata esta xornada, e sinalou que foi preciso "ter paciencia, non deixar moitos espazos que puidesen aproveitar".

En conferencia de prensa, o técnico declarou que o cadro verde cometeu "poucos erros" e considerou que a demostrada ante o líder é a "liña que temos que seguir, hai que seguir crendo".

O preparador avogou por centrarse "en cada partido" e resaltou que se "queres gañar" é necesario "ter seguridade defensiva", sobre a cal atribuíu un bo nivel a "todo o bloque, conceder pouco é importante; hai moita calidade e se concedes algunha acaba dentro".

Malia os bos resultados, o técnico ten os pés no chan:

"O obxectivo é a permanencia e consolidar o Rácing na categoría"

"Pensar noutra cousa a estas altura sería unha equivocación"

"Non é fácil ante un gran equipo", expresou Parralo sobre o triunfo fronte ao Real Zaragoza, posible grazas ao gol de Álvaro Giménez, do que dixo que chegou ao Rácing de Ferrol "cun déficit de preparación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade