Cristóbal: "Chegaron ofertas pero non fixen caso, o meu obxectivo era o Racing"
Por Zona mixta pasou Cristóbal Parralo, que xa confirmou nos micros da Radio Galega que, definitivamente, o seu nome deportivo é o de pía.
"Desde o primeiro momento tiven moi claro que quería quedar en Ferrol"
"Estou moi ilusionado con este proxecto e creo que se poden facer grandes cousas. Ademais traballei moi a gusto no club e con Carlos Mouriz. Teño a espiña cravada do play-off. Foi moi cruel e quero volver intentalo"
"Eu nunca lle fixen esixencias ao club, considérome un adestrador de club. Repasamos a temporada e unha vez que vin que estabamos na mesma dirección, non dubidei"
Un bloque con algunhas incorporacións
"Este ano demostramos que temos un gran bloque, imos intentar manter a maior parte e melloralo con algunhas incorporacións. Hoxe en día é moi complicado ter esta liberdade no teu traballo e eu síntome moi apoiado polo club, síntome moi cómodo, Hai un bo proxecto, que non é para hoxe nin para mañá, pero é moi interesante"
Unha Primeira RFEF que obriga a viaxes moi incómodas
"Desde Ferrol sempre imos ter viaxes complicadas, pero o máis xusto sería unha división do grupo semellante á do ano pasado"