Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal: "Hai que erguerse, pelexar e estar listo para o seguinte"

Cristóbal: "Hai que erguerse, pelexar e estar listo para o seguinte"

Os de Cristóbal só sumaron 6 dos últimos 21 puntos que puxeron en xogo

G24.gal 01/03/2024 16:08 Última actualización 01/03/2024 16:12

O adestrador do Rácing de Ferrol, Cristóbal Parralo, admitiu este venres que ao seu equipo está "a custarlle atopar" resultados positivos nas últimas xornadas, pero sinalou que é "momento de non falar moito, senón de centrarse no xogo", para gañar este sábado na Malata ao Rácing de Santander. Os de Cristóbal só sumaron 6 dos últimos 21 puntos que puxeron en xogo.

O técnico declarou en conferencia de prensa que o equipo ten "ganas de reverter a situación" e volver ser "sólidos en casa" e apostou por "tentar mellorar" para esquecer a "inquedanza" que, segundo recoñeceu, pode haber "cando se perde, pódense sementar dúbidas".

"Hai que levantarse e estar listo para o seguinte, aprender desas derrotas", considerou o cordobés tras a derrota da pasada semana contra o C. D. Eldense.

Parralo tamén valorou arredor dese partido que non "pode ser que nunha acción a balón parado encaixemos ese gol" e que non tivesen "nin un tiro a portería na segunda parte".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos