Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crean unha rede de custodia agraria na reserva Terras do Miño

Crean unha rede de custodia agraria na reserva Terras do Miño

Queren protexer a biodiversidade e fomentar a agricultura sustentable

Piden unha PAC máis centrada nos obxectivos verdes

G24.gal 30/12/2022 20:11 Última actualización 30/12/2022 20:52

As producións gandeira e agrícola non teñen por que estar reñidas co coidado do medio ambiente e mesmo poden ser máis rendibles se incorporan prácticas de sustentabilidade. Eso é o que van tentar aplicar e explicar os membros da rede de custodia agraria que se puxo en marcha en concellos do norte e centro de Lugo. Biodiversidade é a palabra clave nuns procesos que apostan polo mantemento e recuperación dos ecosistemas tradicionais.

A Política Agraria Comunitaria, que entra en vigor co ano novo, xa establece ecoesquemas e directivas orientados a unha agricultura cada vez máis ecolóxica e sustentable. Na rede de custodia Terras do Miño cren que esas normas poden servir de guía pero que é preciso afondar aínda máis no aspecto da biodiversidade e establecer unha alianza entre a produción de alimentos e a conservación da natureza.

Os promotores da rede din que non se trata de volver á agricultura de hai séculos senón de aproveitar as novas ferramentas para ser máis eficaces e respectuosos co medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade