Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crean un xogo en liña en que hai que resolver varios casos de misterio ambientados en Pontevedra

Crean un xogo en liña en que hai que resolver varios casos de misterio ambientados en Pontevedra

Patricia Nogueira e Juan Marcos son os creadores do xogo en liña crimenymisterio.com

O xogo inclúe tres casos policiais que os usuarios deben resolver asumindo o rol dun investigador

G24.gal 15/01/2023 16:06 Última actualización 15/01/2023 16:35

"Ti como xogador convérteste no inspector xefe da Brigada Criminal Operativa de Pontevedra", explica Patricia Nogueira, deseñadora do xogo.

Patricia Nogueira e Juan Marcos son os creadores do xogo en liña Crime e misterio. Os usuarios teñen un reto, metérense no papel deste investigador para resolver tres casos policiais que suceden na cidade.

"Normalmente son crimes ou desaparicións. Sempre beben un pouco das cousas que pasan e que les, claro. É un xogo que ten enigmas, adiviñas, xeroglíficos... É un pouco xuntar todo iso para facer esto que chamamos Crime e misterio", asegura Patricia Nogueira.

Nun dos casos deberán resolver a desaparición dun empresario de Pontevedra ao que se lle perde o rastro. Noutro, o asasinato dunha coñecida xornalista local. 

"Consideramos que os nosos xogos son un pouco novela, porque son relatos traballados, son como unha película, porque teñen vídeos e tamén audios moi coidados".

Agora prepáranse para daren un paso máis. En breve van lanzar unha cuarta historia de misterio en que os usuarios, ademais de xogar cun dispositivo móbil, terán que examinar tamén probas físicas relacionadas co caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade