Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet sobre Chile: "É un orgullo que te nomeen para unha selección tan importante"

Coudet sobre Chile: "É un orgullo que te nomeen para unha selección tan importante"

"Teño un compromiso aquí e nada me vai desviar", asegurou o adestrador do Celta

Nos medios do país sudamericano volve coller forza a opción do Chacho como substituto de Lasarte

G24.gal 11/05/2022 07:50

Ante as informacións aparecidas nos medios chilenos que vinculan o Chacho Coudet coa selección daquel país, o xornalista da Radio Galega Roberto Carlos Carballo preguntoulle ao técnico polo seu futuro. 

Coudet asegurou: "É un orgullo que te nomeen para calquera selección tan importante, pero teño un compromiso aquí e nada me vai desviar".

O nome de Coudet saiu hai unhas semanas, pero nas últimas horas volveu coller forza o asunto. Coudet ten contrato co Celta para a vindeira temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade