Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corte nocturno por obras na A-55 entre Tui e A Guarda

Corte nocturno por obras na A-55 entre Tui e A Guarda

Para dar servizo a ambos os sentidos de circulación, en sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551 

A A-55 sufrirá cortes ao tráfico durante a noite A A-55 sufrirá cortes ao tráfico durante a noite
G24.gal 26/04/2023 12:36

Os novos traballos de formigonado nas obras do treito da autovía Tui-A Guarda, entre as ligazóns da A-55 e do polígono de Areas, provocará un corte da circulación na noite de mañá, xoves.

O tráfico, segundo informa a Xunta de Galicia, verase afectado no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29,100 e 30,600 da autovía A-55.

O corte, necesario para realizar labores de nos dous vans do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, no tronco da vía de alta capacidade e na conexión coa N-551, levará a cabo entre as 22:00 horas de mañá, xoves, e as 5:59 horas do venres, 28 abril, cando quedará restablecida a circulación.

Servizo alternativo

Para dar servizo a ambos os sentidos de circulación, desde a saída 29 da A-55, en sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui, sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa.

Ademais, para seguir avanzando nos traballos en execución no taboleiro, ao longo desta semana estará en funcionamento o transfer desde o quilómetro 29,860 ao 30,240. En concreto, desde o luns e ata o xoves, entre as 8 da mañá e as 7 dá tarde, e o venres desde as 8 da mañá ata as 13:00 horas, habilitándose nalgúns casos cortes de carril alternos cando o transfer non estea en funcionamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade