Cargando resultados...
Cortado un carril da AG-57 en Gondomar ao saír da vía un camión
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 8:30 horas deste mércores á altura do quilómetro 17, en sentido Vigo, polo que permanece interrompido o tráfico no carril dereito
G24.gal
04/02/2026 10:15
Última actualización 04/02/2026 12:07
Un carril da AG-57, ao seu paso por Vincios, en Gondomar, permanece pechado ao tráfico tras saírse da vía un camión e envorcar. Con todo, non se rexistraron feridos.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 8:30 horas deste mércores á altura do quilómetro 17, en sentido Vigo, polo que permanece interrompido o tráfico no carril dereito.
Ao momento desprazouse a Garda Civil de Tráfico, así como os servizos de mantemento da autoestrada.