Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento Europeo quere que o Corredor Atlántico ferroviario sexa máis amplo

O Parlamento Europeo quere que o Corredor Atlántico ferroviario sexa máis amplo

Galicia sairía beneficiada se a proposta é aprobada pola Comisión e o Consello europeos

Desde Europea queren potenciar as liñas de tren Porto-Vigo e Ferrol-A Coruña para viaxeiros e mercadorías

G24.gal 14/04/2023 20:36 Última actualización 14/04/2023 20:43

O Parlamento Europeo quere que o Corredor Atlántico ferroviario sexa máis amplo que nos plans actuais xa en desenvolvemento. Ramas ou treitos ferroviarios, hoxe secundarios, como as que conectan Galicia con Portugal, as da cornixa cantábrica ou as liñas mediterránea cara a Francia serían impulsadas con fondos europeos.

Galicia sairía beneficiada se a proposta é aprobada pola Comisión e o Consello europeos. A conexión de Porto con Vigo e as de Ferrol e Coruña cara Lugo e Monforte terían prioridade para rematarse antes de 2030. Alta velocidade de mercadorías e viaxeiros.

A Eurocámara tamén propón construír unha nova liña de alta velocidade para mercadorías Santiago-Vigo-Ourense. Ademais os portos de Ferrol e Vigo e o da ría de Pontevedra-Marín formarían parte da grande rede transeuropea de transporte. E isto supón que fondos comunitarios poderían financiar as súa infraestruturas e accesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade