Conxemar lidera o sector da pesca conxelada en España
Un de cada tres produtos conxelados do mar producidos en España saen da comarca de Vigo
Conxemar xa vendeu practicamente todos os postos para a próxima feira que terá lugar en outubro de 2023.
Este luns presentouse en Vigo o Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros en España, en que se destaca que o sector recupera cifras de negocio anteriores á pandemia.
As empresas de maior fortaleza neste sector están vinculadas a Conxemar. Na comarca de Vigo prodúcense o 33 % dos conxelados do mar en España.
"Conxemar representa case o 62 por cento do facturado por todo o sector en España. Conxemar ocupa aproximadamente o 54 por cento dos traballadores do sector. Isto demostra un ano máis a eficiencia que teñen as empresas asociadas a Conxemar", di David Regades, presidente da Zona Franca de Vigo.