Contratar mariñeiros a través de intelixencia artificial xa é posible
Contratar mariñeiros a través de intelixencia artificial xa é posible
Nesta bolsa de traballo dixital está previsto que se poidan incorporar currículos ou acreditacións e que a propia aplicación poida ofrecer oportunidades de formación
Cando nun barco de pesca se precisa man de obra, o habitual é recorrer ao boca a boca ou á oficina de emprego. Pero o sector pesqueiro galego ten certas peculiaridades que complican o proceso.
Jorge Ramón Olea, xefe de Proxectos da Cooperativa de Armadores de Vigo, indica que "hai moitos caladoiros, diferentes duracións de marea... e probablemente o armador que fixo peculiaridade dese posto de traballo".
Por iso o sector pesqueiro e o tecnolóxico fusiónanse no proxecto Nextempleamar, unha aplicación que se poderá empregar no ordenador ou no móbil, onde se conectarán as demandas de postos de traballo concretos e a man de obra dispoñible.
"A aplicación de intelixencia dixital o que pretenden é solucionar un problema que neste caso é que as empresas que se dedican a ter buques faenando no mar ou de distintas aplicacións no mar teñan os profesionais perfectamente cualificados", explica Fernando Jiménez Miguez, xerente de Gradiant.
Nesta bolsa de traballo dixital está previsto que se poidan incorporar currículos ou acreditacións e que a propia aplicación poida ofrecer oportunidades de formación.
A idea é, segundo conta Juan José Paravila Portas, o xestor informático no proxecto Nextempleamar, "ofertar eses cursos, ter a posibilidade de poder reaccionar a unha falta de formación ou renovacións dun certificado que xa teñen".
Esta ferramenta tecnolóxica será realidade grazas á Cooperativa de Armadores de Vigo e a Fundación Tecnolóxica Gradiant, que prevén que estea operativa a finais do verán do 2023.