Publicador de contidos

Publicador de contidos

Contraste de temperaturas en Galicia e mañá avisos en Ourense por calor e treboadas

Contraste de temperaturas en Galicia e mañá avisos en Ourense por calor e treboadas

No norte as máximas rozaron os 20 graos mentres que en Ourense se superaron os 30

G24.gal 20/05/2022 21:34

Entre os 34 e os 36 graos estiveron esta tarde en varias localidades da provincia de Ourense, como Vilamartín , Leiro, Verín ou Rubiá. En Castrelo de Miño chegaron aos 31.

"Hai que aproveitar estes días de calor para refrescarse un pouco e vimos aquí a Castrelo, que a praia queda un pouco máis lonxe"

"Chégalle de calor, xa fai falta que baixen un pouquiño, senón ao chegar o verán a ver como estamos"

"Hai días de verán peores ca hoxe. Vai moita calor e a sombra aínda se aguanta, pero o sol é imposible"

Este episodio de calor non afecta só a Ourense, tamén o sur da provincia de Pontevedra ou Vigo, onde houbo 28 graos, cunha xornada de praia tipicamente de verán. Non é inusual que vaia calor no mes de maio, pero desta volta semella que chegou cedo de máis e que en segundo que zonas insiste en non marchar.

"Bastante calor, a verdade, eu polo menos estou morrendo. Tódolos días vai unha calor que isto é demasiado xa"

"A verdade é que este ano veu un pouco antes de tempo"

O contraste atopámolo no norte de Galicia, na Coruña por exemplo onde o sol acompañou non superaron os 19 graos. 20 houbo en Foz e 22 en Ferrol. 

A entrada de aire cálido deixará mañá unha xornada de moita calor, con rexistros que mesmo poden superar os 36 graos nos concellos da conca do Miño en Ourense. Actívase polo tanto un aviso amarelo por altas temperaturas nesta zona entre as tres da tarde a as nove do serán. No interior da Coruña e o interior  de Lugo tamén notarán mañá un importante ascenso nas temperaturas. E a partir do mediodía aviso amarelo tamén na montaña e o sur de Ourense por treboadas que poderían vir acompañadas de pedrazo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar