Contra Osasuna despediuse a Bancada de Gol, logo de medio século de historia celeste
Iago Aspas marcou o último gol diante dun público co que festexou a salvación do Celta no seu debut en Balaídos con dous tantos ao Alavés
Repasamos este e outros momentos da historia do Club nestes 50 anos
Para o celtismo foi unha festa, pero tamén un momento cheo de lembranzas. Porque esta xornada pechou unha etapa coa despedida da bancada de Gol.
Tiramos de videoteca e viaxamos no tempo. E arrancamos nese 1969 cando o alcalde de Vigo, Rafael Portanet, quixo converteu Balaídos nun estadio moderno, de 35.000 espectadores. A reforma durou dous anos. E estivo a punto pra acoller o primeiro Celta europeo. En 1971.
Eran tempos de pedras e de amor... Co Celta convertido nun equipo ascensor. Testemuña dos cambios políticos na terra, e sempre vencellado á cultura. A nosa... e a de fóra.
Desde gol iniciamos as nosas retransmisións, e na portería de gol vimos medrar o equipo coa chegada de Gudelj. E logo veu Mostovoi... Pra volver primeiro a UEFA, con aquel gol de Gudelj ante o Mérida.... e logo dar coas xestas marabillosas en Europa... Con clasificación para Champions incluída....
E así foi como chegaron os Aspas. O mediano, Jonathan... e o pequeno Iago. E Gol asistiu o nacemento da súa lenda....
Case 54 anos de historia. Por iso esta despedida e tanta emoción. Adeus a gol e a medio século das máis fermosas paixóns celestes.