Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan as negociacións para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

Continúan as negociacións para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

O principal obstáculo é o requisito dun compromiso por escrito

Consenso no Poder Xudicial para nomear a Rafael Mozo substituto de Lesmes

G24.gal 13/10/2022 14:40 Última actualización 13/10/2022 15:12

Tras os avances que houbo na reunión entre Sánchez e Núñez Feijóo agora o principal obstáculo para renovar o goberno dos xuíces é o requisito dun compromiso por escrito. Por que si son orais, dicía o líder dos populares, "son meras conversas".

O Partido Popular quere que o Goberno se comprometa por escrito a que se reforme o sistema de elección nun prazo máximo de seis meses.

Este mércores durante os actos do 12 de outubro, Pedro Sánchez deixaba caer que non está disposto a asumir ese compromiso. Hoxe na tribuna do Congreso, o presidente do Goberno aseguraba que oxalá poidan chegar a un acordo.

Pola súa parte, o seu socio no Goberno, que asegura estar ao corrente das negociacións, móstrase máis belixerante ante a posibilidade de pacto co Partido Popular. Irene Montero, ministra de Igualdade aseguraba que "o Partido Popular ten que abandonar esa actitude sediciosa e chegar a unha solución para desbloquear o CXPX".

Mentres, os vogais do Goberno dos xuíces elixirán presidente a Rafael Mozo. Hai consenso para que sexa el, o vogal máis antigo, e non o presidente de sala máis antigo como pretendía Carlos Lesmes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos