Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue ingresado o condutor do coche accidentado en Xove con catro falecidos

Segue ingresado o condutor do coche accidentado en Xove con catro falecidos

O sinistro foi hai mes e medio e está pendente que se realice a reconstrución dos feitos

O supervivente dera positivo en alcol nas probas de toxicoloxía que lle fixeran no hospital

G24.gal 14/05/2023 19:39 Última actualización 15/05/2023 12:26

Continúa no hospital Universitario de Lugo o condutor do vehículo que sufriu un accidente en Xove, no que morreron catro mozos de entre 17 e 19 anos. Ingresou moi grave e logo das probas toxicolóxicas transcendeu que dera positivo en alcol. Un sexto ocupante do coche saíu ileso.

Suponse que, conmocionado polo sucedido, abandonou o lugar, ao que regresou tempo despois cando os equipos de emerxencia sacaban os catro falecidos, todos eles veciños de Ribadeo.

O accidente tivo lugar hai mes e medio e está pendente a reconstrución do sinistro por parte de expertos da Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade