Continúa a inseguridade no barrio coruñés dos Mallos
Un inmoble centra agora a preocupación de veciños e comerciantes
Un inmoble que trae de cabeza os veciños e comerciantes do barrio coruñés dos Mallos, pero poucos son os que se atreven a facelo público, por medo a posibles represalias.
"A xente que vén, ao velo, cambia de beirarrúa", comenta José, o presidente dos comerciantes do barrio.
Os que coma el queren denunciar, falan de liortas, navalladas e incidentes de todo tipo que se rexistran case a diario e ata altas horas da madrugada.
O que denuncian non é tanto un perigo, senón máis ben incomodidade, e poñen como exemplo polo que está pasando o propietario dun inmoble lindeiro que acaba de ser reformado.
"Os pisos estaban moi ben, alugounos, e ao pouco tempo os inquilinos marcharon pola incomodidade".
Son queixas que nas últimas horas transmitiron en persoa á policía, á que de novo volven pedir axuda para que o barrio recupere o que foi hai anos.
"É un problema para nós, e importante, porque se o queremos arranxar e o amplificamos, a xente non virá ao barrio... pero se o calamos aínda vai ser peor", engade o presidente dos comerciantes".
Por iso pensan que unha maior presenza policial na rúa, podería ser unha solución.