Cargando resultados...
Continúa a conexión Éibar-Ferrol: o Rácing ficha a Ander Cantero
O conxunto ferrolán faise cun porteiro que rendeu a gran nivel no Lugo
Tanto Cantero como Cubero, ambos procedentes do Éibar, xa foron presentados
G24.gal
09/08/2023 15:07
Unha nova conexión xorde grazas ao fútbol, xorde a liña directa Éibar-Ferrol.
Ander Cantero é a nova fichaxe do conxunto ferrolán. Con el, Cristóbal xa pecha definitivamente a portería. O pamplonés de 28 anos disputou tres tempadas na Segunda División, dúas delas no Lugo, onde foi dos mellores xogadores, o que o levaría a fichar por un Eibar no que sería titular o primeiro ano, mais suplente a tempada pasada.
O Rácing fixo unha presentación conxunta onde tamén estivo Sergio Cubero, que chega cedido dende o club armeiro.