Publicador de contidos

Publicador de contidos

Canto gasta un galego na Lotaría de Nadal?

Canto gasta un galego na Lotaría de Nadal?

En Galicia estímase un gasto de 71 euros por persoa en lotaría para o xoves 22 de decembro

G24.gal 19/12/2022 21:00

Conta atrás para o sorteo máis agardado. O xoves 22 de decembro é o día da Lotaría do Nadal, unha tradición con máis de 200 anos.

Desta volta, as estimacións indican que en Galicia gastaremos 71,16 euros por persoa na busca da sorte. A media española está nos 69,36 euros.

Os premios inferiores a 2.000 euros poderanse cobrar, en metálico ou por Bizum, dende a mesma tarde do xoves nos puntos de venda de Loterías. 

Pero, toque ou non toque, co sorteo daremos por inaugurado o Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade