Cargando resultados...
Conta atrás para os Premios Mestre Mateo, con Begoña Vázquez
Na edición 21 dos Mestre Mateo optaron aos premios case 200 obras en que estiveron implicados arredor de 500 profesionais
Dúas producións acaparan as candidaturas finalistas: A serie Rapa, de Jorge e Pepe Coira, e a película O corpo aberto, de Ángeles Huerta
Begoña Vázquez directora do espazo da RG Sala5
G24.gal
09/03/2023 15:58
Última actualización 09/03/2023 17:57
Segundo as cifras da Academia Galega do Audiovisual a participación aumentou arredor dun 20% respecto ao ano pasado. As películas e series que se fan en Galicia viaxan con éxito por todo o mundo. Este ano, despois de moitas edicións sen longametraxes de animación, compiten dous grandes filmes: Unicorn Wars e Valentina