Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conserva máis de 80 tractores históricos en Carballo

Conserva máis de 80 tractores históricos en Carballo

Moitos deles teñen historia de traballo en campos de Castela e como maquinaria de segunda man en Galicia

Imaxe dalgúns dos tractores históricos restaurados por Fariña en Carballo
G24.gal 04/10/2022 14:24

A firma Fariña Maquinaria, de Carballo,  ten detrás unhas cantas décadas dedicadas á comercialización de maquinaria agrícola. Un tempo que lle serviu ao seu fundador para ir xuntando tractores que son modelos históricos. Pezas que conforman unha trastenda interesante na firma que agora xestionan a filla e o fillo. Comezou en 1976.

"Empecei a traer algúns tractores de Castela usados. Cando ían quedando obsoletos, collinos e ía gardándoos", di José Antonio Fariña, fundador da empresa.

Tenos aparcados en varios espazos e en distintos estados de conservación. El mesmo é que os repara, fai a peza que precisa se non a pode adquirir, e ponos a funcionar incluíndo as melloras de chapa e pintura. Este é o que ten agora no proceso de rehabilitación. Ten outro garaxe cheo de máquinas á espera que almacenan moita historia de traballo en campos de Castela e de Galicia.

Di Fariña que algúns están en estado ruinoso, pero "sempre recuperables, aínda que leve máis traballo. E canto a cantidade deben ser uns oitenta ou oitenta e dous, máis ou menos", sinala Fariña, que tamén nos presenta unha das pezas únicas que conserva.

Bota a vista atrás para falarnos dos inicios da mecanización do agro galego fronte á era actual con máquinas que aplican o máis avanzado da tecnoloxía na busca da máxima eficiencia no traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade