Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consellos para conxelar o marisco que se merca para o Nadal

Consellos para conxelar o marisco que se merca para o Nadal

Os expertos responden ás preguntas máis habituais nos mercados

Pódese conxelar todo o marisco? Mellor metelo no conxelador cru ou cocido?

G24.gal 16/11/2021 22:02

O Nadal está cada vez máis preto, e este ano moitas persoas pensan xa nos menús coa esperanza de poder reunirse coa familia. Nas peixerías xa notan a venda de moito marisco para conxelar.

O primeiro que temos que saber é cal é o marisco máis adecuado para conxelar. Nas prazas de abastos recomendan non conxelar a ameixa, pero si o resto de mariscos: navalla, nécora, camarón, voandeira, zamburiña, vieiras, cigalas...

Outra dúbida habitual: conxelamos o marisco cru ou cocido? E estes son os consellos dos expertos: a centola e todo o que teña pata, como bois ou nécoras, mellor sempre cocido. Recomendan envolvelo en papel de xornal ou nun pano cando o metemos no conxelador.

Lembren que tan importante como conxelar é desconxelar, din os expertos que debe facerse pouco a pouco.

Polo momento son as principais recomendacións que atopamos nos mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar