Conseguir un test de antíxenos na farmacia é misión imposible
Para que os resultados sexan fiables, cómpre agardar entre 15 e 30 minutos
Poucas horas antes de Noiteboa, conseguir un test de antíxenos é practicamente imposible. Para os afortunados que teñan o test de antíxenos, o primeiro consello é ler ben as indicacións. Poden impoñer ao principio, pero son máis sinxelas do que parece.
Para que os resultados sexan fiables, cómpre agardar entre 15 e 30 minutos. Se a mostra é positiva, aparecerán dúas raias que confirman a infección. Se é negativa, só veremos unha raia, que indica que non hai virus ou que aínda é cedo para sabelo.
Por iso aconsellan que os asintomáticos fagan os antíxenos aos 4 días do contacto cun positivo. E piden que ninguén baixe a garda, con ou sen test, mantendo a ventilación e a distancia mesmo na cea máis familiar do ano.