Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta demanda ao Goberno un trato igualitario para as distintas frotas

A Xunta demanda ao Goberno un trato igualitario para as distintas frotas

Rosa Quintana defendeu a necesidade de atender á realidade dos distintos caladoiros e as súas frotas

G24.gal 18/05/2022 20:41

O Goberno galego demanda ao Goberno central un trato igualitario á hora de establecer medidas de apoio para as frotas dos distintos caladoiros. Así o expuxo a conselleira do Mar na conferencia sectorial de pesca, celebrada vía telemática.

Rosa Quintana defendeu a necesidade de atender á realidade dos distintos caladoiros e as súas frotas á hora de establecer medidas, entre elas as paradas temporais das diferentes especies e as compensacións aos armadores por estas paradas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade