O Goberno declara como catástrofe natural incendios do pasado verán en Ourense
O Consello de Ministro aprobou a declaración que tamén afectará os incendios ocorridos en Ávila, León, Palencia e Zamora
O Executivo acorda destinar 9,3 millóns de euros á restauración forestal que se acometerá con "carácter de emerxencia"
O Consello de Ministros acordou declarar como catástrofe natural varios dos incendios ocorridos no mes de agosto pasado, entre os que se inclúen os da provincia de Ourense, amais de Ávila, León, Palencia e Zamora.
Ademais aprobouse unha actuación especial de restauración forestal "con carácter de emerxencia" en todas estas zonas afectadas nos que se investirán 9,3 millóns de euros, segundo explicou a ministra portavoz, Elma Saiz, ao finalizar a xuntanza do Consello de Ministros.
"Despois deste durísimo 2025 debemos empezar a traballar ou seguir traballando para que o 2026 non se repita esta situación. A prevención é fundamental e debemos comezar xa, debido a que, como din os expertos, os incendios de verán apáganse no inverno. Non podemos esperar ao mes de xuño para actuar", recalcou.