Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba desgravacións nos libros de texto para as familias con menores rendas

A Xunta aproba desgravacións nos libros de texto para as familias con menores rendas

A medida fiscal aplicarase xa no exercicio 2025, e estará destinada a familias con rendas de entre 10.000 e 30.000 euros

G24.gal 26/05/2025 11:06 Última actualización 26/05/2025 14:38

O Consello da Xunta aprobou este luns unha nova medida fiscal para que as familias desgraven na declaración da renda pola compra de libros e material escolar.

A condición para acceder a estas desgravacións, anunciadas no pasado debate de política xeral, é que as familias estea entre os 10.000 e os 30.000 euros de renda anual que non reciban outro tipo de axuda por parte da Xunta. Poderán descontarse o 15 % do gasto, ata un máximo de 105 euros por alumno.

Segundo asegurou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agardan que a medida beneficie uns 60.000 alumnos.

Esta medida irá incluída na lei de acompañamento aos orzamentos de 2026.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de la Xunta, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, explicou que para beneficiarse desta desgravación “é importante” que as familias garden os recibos das compras deste material, que deberán realizarse entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2025.

A Xunta calcula que o gasto por esta medida ascenderá a 6,3 millóns de euros “aínda que os datos exactos non se saberán ata que se peche o exercicio”.

Outros acordos

O Executivo autonómico tamén acordou destinar 36 millóns a unha nova convocatoria de axudas para a incorporación de mozos e mozas ao agro, e tamén para investir na mellora das explotacións.

Amais o Consello tamén aprobou un proxecto co que se quere converter o Camiño de Santiago nun "refuxio climático". O programa prevé a plantación de árbores autóctonas en toda a Ruta Xacobea, comezando por dous tramos, a xeito de plan piloto, en dous treitos do Camiño Inglés ao seu paso por Sigüeiro, en Oroso, e polo parque empresarial do Tambre, en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade