Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide a implicación directa de Sánchez na defensa do sector pesqueiro

Rueda pide a implicación directa de Sánchez na defensa do sector pesqueiro

O presidente da Xunta remitiulle unha carta ao presidente do Goberno para pedirlle que lidere o recurso contra o veto da pesca de fondo

Alfonso Rueda agarda que o tempo que pediu o Goberno sexa para preparar o mellor recurso contra decisión da Comisión Europea

G24.gal 22/09/2022 12:03 Última actualización 22/09/2022 14:13

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu este xoves a implicación directa de Pedro Sánchez para defender o sector pesqueiro, tras a decision da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo en 87 espazos.

Segundo explicou na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, este mércores remitiulle unha carta ao presidente do Goberno para pedirlle que lidere a posición española contra esa decisión.

"Galicia estase xogando moitísimo, e queremos xogalo da man do Goberno central", dixo Alfonso Rueda.

"Eu agardo que sexa así. Onte non estaba o ministro na reunión, e moita xente botouno de menos", asegurou o presidente da Xunta para quen "sería impensable que o Goberno non se dea conta do que se está xogando Galicia, pero non só Galicia, tamén outras comunidades autónomas pesqueiras".

Alfonso Rueda tamén dixo que agarda que o tempo que pediu o Goberno para estudar recorrer contra a decisión que veta a pesca de fondo sexa "para presentar o mellor recurso", e ninguén entendería que non se presentase.

"Entendo que o prazo que pediu o Ministerio foi para presentar un recurso nas mellores condicións", asegurou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade