Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno estudará se é viable recorrer o veto á pesca de fondo

O Goberno estudará se é viable recorrer o veto á pesca de fondo

Os servizos xurídicos de Agricultura e Exteriores analizan a posibilidade de recorrer ante a xustiza europea, segundo lle confirmou o Goberno a comunidades autónomas e ao sector nunha xuntanza en Madrid

G24.gal 21/09/2022 14:39

Goberno, comunidades e sector pesqueiro reuníronse en Madrid para analizar o veto de Bruxelas á pesca de fondo. Tanto comunidades, entre elas Galicia, como o sector pedíronlle ao Ministerio que de Agricultura recorra ante o Tribunal de Xustiza da UE o regulamento da Comisión que prohíbe esta pesca en 87 zonas e que entraría en vigor o 9 de outubro.  

A secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, confirmou que analizarán xuridicamente a posibilidade de recorrer ante a xustiza europea "con todas as garantías" e poder darlle á volta a decisión. Todas as partes coinciden "no escaso rigor" na elaboración do regulamento. 

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, di que confía en que o Goberno central recorra o regulamento do veto á pesca de fondo en case un cento de áreas de augas comunitarias co obxectivo de conseguir una "paralización temporal" na súa aplicación.

Quintana di que tan só unha paralización temporal poderá evitar os conflitos que se producirán a partir do día 9, cando entre en vigor. Conflitos como as incertezas respecto das zonas de prohibición, que aparecen recollidas dun xeito no regulamento e doutro no seu anexo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade