A Xunta aproba unha oferta de emprego público de 1.207 prazas para Sanidade
O 70 % das prazas, segundo explicou o presidente da Xunta, serán destinadas a profesionais das especialidades de enfermería
O Goberno galego aprobou este xoves unha nova oferta pública de emprego en Sanidade con 1.207 prazas. Así o avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta que deu luz verde a esta OPE sanitaria correspondente ao ano 2023.
Para médicos saen a concurso-oposición 168 prazas. A maior parte, 121, son para médicos de familia.
O groso da oferta é para persoal de enfermería. Concentra 818 das 1.207 prazas, que son para diplomados sanitarios ou titulados de formación profesional en enfermería.
Resérvanse 121 para técnicos de laboratorio e diagnóstico, once para técnicos superiores en dietética e oito para anatomía patolóxica.
Ademais, tamén conforman estas oposicións 81 prazas para persoal "non especificamente facultativo" do Servizo Galego de Saúde, é dicir, para o persoal encargado da xestión dos recursos e dos servizos do sistema público sanitario de Galicia.
En concreto, haberá 37 postos para traballadores sociais, 40 de persoal de administración e catro de técnicos en prevención de riscos laborais.
Por último, 61 prazas quedan reservadas para persoas con discapacidade, 33 delas para auxiliares de función administrativa restrinxidas a persoas con medidas de apoio no ámbito intelectual.
A Xunta instalará este curso "puntos laranxa" en colexios para denunciar casos de acoso
A Xunta prevé empezar a instalar xa este curso "puntos laranxa" en todos os centros escolares, unhas caixas de correos físicas e virtuais para denunciar posibles casos de acoso e ciberacoso, e ademais reforzará a formación do profesorado nesta materia.
Estas son algunhas das medidas incluídas no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso aprobado no Consello de la Xunta deste xoves, que se empezará a aplicar este curso 2023-2024 e que ten como obxectivo "evitar calquera tipo de violencia ou discriminación nos centros educativos", segundo explicou o presidente da Xunta.
Na súa comparecencia explicou que haberá un equipo de actuación en cada centro escolar para recoller as denuncias presentadas, analizalas e realizar as accións precisas.
Tamén se desenvolverán programas para o uso responsables da Internet e crearase un Premio á Tolerancia Cero para os centros que sexan exemplo contra o acoso escolar.