Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lei contra incendios porá o foco na xestión do territorio

A lei contra incendios porá o foco na xestión do territorio

Quérese que as actividades agrarias, forestais e gandeiras tomen parte na acción preventiva contra os incendios

A nova estratexia incluirá novas figuras como unha zonificación do territorio a través dun mapa dinámico de perigo de incendios

G24.gal 20/04/2023 11:45 Última actualización 20/04/2023 20:51

O Goberno galego aprobou este xoves na reunión do Consello da Xunta o anteproxecto de lei para a loita integral contra os incendios forestais que se centrará na "planificación preventiva" e incluirá novas figuras como unha zonificación do territorio a través dun mapa dinámico de perigo de incendios.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que a normativa actual ten máis de 16 anos polo que era necesaria unha nova lexislación que achegase unha "visión máis global" sobre todo despois dos grandes incendios do ano pasado.

Explicou que dentro desa visión, a xestión do territorio debe entenderse como a principal medida de prevención impulsando as actividades agrícolas, forestais ou gandeiras naquelas zonas "onde máis recorrentemente se producen incendios".

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural, José González, destacou que dentro das zonas de alto risco de incendio delimitaranse "áreas estratéxicas de xestión" para realizar "actuacións cirúrxicas" sobre o terreo que o prepare para evitar os lumes, e a Xunta asumirá o esforzo de prevención fronte aos municipios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade