Galicia elimina desde este sábado as limitacións de horarios na hostalería
O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou que se avanza na desescalada nas restricións pola covid–19 e que se eliminan as limitacións horarias para a hostalaría galega.
Na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente trasladou que os expertos clínicos que asesoran ao Executivo autonómico desde o inicio da pandemia aconsellaron "abrir o horario" aos establecementos hostaleiros.
Os bares, restaurantes e locais de lecer nocturno recuperarán o horario que ten a súa licenza en cada un dos casos.
"A partir das 00:00 deste sábado, 12 de febreiro, volveremos aos horarios normais en toda a hostalaría galega", manifestou o presidente da Xunta.
Pero, en todo caso, Núñez Feijóo advertiu de que non se pode "pasar de todo a nada", polo que a Xunta tamén recomenda seguir usando a máscara naqueles lugares exteriores en que se produzan aglomeracións, a pesar de que desde hoxe mesmo xa non é obrigatorio en toda España levala na rúa.
Esta recomendación esténdese aos patios dos colexios, sobre o que o presidente galego volveu criticar a "falta de concreción" do Goberno e informou de que a Xunta dirixiu senllas cartas ao Ministerio de Sanidade e ao de Educación para preguntar "se se entende derrogado o protocolo educativo que rexe pola covid–19", xa que cre que "contradí" o levantamento da prohibición da máscara.
Minuto a minuto
Comeza a conferencia de prensa do presidente da Xunta
Feijóo di que Galicia baixou dos 50.000 casos activos de coronavirus
Feijóo referiuse á retirada da máscara no exterior e advirte de que "non se pode pasar do todo a nada". Insiste na necesidade da prudencia e en que a Xunta cumprirá coa normativa.
O presidente da Xunta di que hai unha colisión entre o decreto e o protocolo de procedementos educativos fronte á covid.
Feijóo di que o comité propón recomendar o uso da máscara nos patios nos lugares onde pode haber unha aglomeración de alumnos.
Feijóo di que non haberá restricións de horario na hostalería, só o que lle marque a súa licenza. Será efectivo desde as 00:00 do sábado 12 de febreiro
O presidente da Xunta di que a próxima semana serán cinco mil nenos os que reciban a segunda dose da vacina.
O presidente da Xunta di que o Consello da Xunta aprobou a estratexia de FP e que o dotará de 900 millóns de euros.
Feijóo di que son sete as estratexias da FP: formación adaptada a persoas e ao sistema produtivo, reforzar a rede de centros de excelencia, innovación e dixitalización, internacionalización, empregabilidade e emprendemento.
Feijóo di que das 93.000 persoas que están facendo o bacharelato e a FP, o 35 % son de bacharelato e o 65 % de FP.
O próximo curso 2022-2023, 20.000 nenos terán a financiaicón gratuíta nas garderías afirma Feijóo.
O presidente da Xunta di que entre os cursos 2022-2025 se incrementarán catro prazas ao ano vinculadas á atención sanitaria e docente.
O presidente da Xunta afirma que a próxima semana se iniciará a tramitación da primeira lei de clima de Galicia para reducir o número de emisións a atmosfera.
Feijóo di que o obxectivo é reducir ao 55 % as emisións de CO2 no 2030
Feijóo: "Imos investir 6,7 millóns de euros nas sete reservas da biosfera de Galicia".
Comeza a quenda de preguntas
Feijóo: "O comité clínico recomenda o uso da máscara nos recreos mentres os nenos non teñan a segunda dose da vacina".
Feijóo di que o ocio nocturno recupera o seu horario
Feijóo: "Queremos saber se o protocolo educativo queda derrogado".
Feijóo di que "entendemos que é necesario neste momento seguir pedindo o certificado covid".
Sobre a investigación dos presuntos abusos sexuais na igrexa católica, Feijóo reitera que hai que investigar todos os cosos, facer xustiza e reparar os danos. Destacou que "hai que investigar todo e a todos".
Feijóo: "Nós executamos o 70 % dos fondos que nos trasladou o Goberno de España e pedimos que modifiquen as solicitudes para poder repartir o 100 % dos fondos".
Feijóo di que as comunidades teñen que seguir os dictames do Goberno sobre o uso da máscara
Feijóo di que Castela e León merece un goberno estable
Remata a comparecencia de prensa de Alberto Núñez Feijóo