Feijóo garante a estabilidade política: "Non penso defraudar a Galicia"
Feijóo confía en que os líderes territoriais poidan decidir por si mesmos os acordos políticos, en función das características do seu territorio
Os investimentos da Xunta en Ourense centraron hoxe a reunión semanal do Goberno galego, que se celebrou precisamente na cidade das Burgas.
Foi o primeiro Consello da Xunta despois de que Feijóo confirmase a súa candidatura a presidir o Partido Popular. E esta mañá xa ofreceu algunha clave do seu proxecto para a formación. Ábrese a pactos de Estado con Pedro Sánchez e fai autocrítica en temas coma os pactos autonómicos, en que pesaban as decisións de Génova.
Feijóo confía en que os líderes territoriais poidan decidir por si mesmos os acordos políticos, en función das características do seu territorio. Sobre Galicia, o presidente garantiu a estabilidade.
"Son un político previsible, sei das miñas responsabilidades como presidente de Galicia e intentei non defraudar nunca a Galicia e non penso defraudala coas miñas decisións posteriores. Son perfectamente consciente de que entramos nunha posibilidade de ter novas responsabilidades e terei que tomar decisións no caso de que esas responsabilidades cristalicen. Estou convencido de que queda garantida a estabilidade política en Galicia, a estabilidade do grupo parlamentario e do partido", afirmou Feijóo.
Minuto a minuto
Comeza a comparecencia do presidente da Xunta
Feijóo di que en Galicia hai 16.365 casos activos de coronavirus
O presidente da Xunta di que a próxima semana vacinaranse 50.000 nenos de entre 5 e 11 anos
Feijóo: "Condenamos de forma enérxica a agresión inxustificada e amosamos o noso apoio incondicional ao pobo ucraíno".
O presidente da Xunta mantén o seu apoio ao Goberno de España e manifestou que había catro galegos en Ucraína
Feijóo ofrécelle ao Goberno acoller refuxiados, enviar axuda e ofrece camas nos hospitais galegos
O presidente da Xunta anuncia unha nova estratexia de ciberseguridade
Feijóo anuncia a creación dun Centro de Execelencia de Ciberseguridade e que a pretensión é que se constrúa en Ourense
Feijóo anuncia a construción dunha nova Delegación da Xunta en Ourense onde se emprazarán os 940 empregados que ten espallados pola cidade
Sobre o terceiro acordo adoptado polo Consello da Xunta para a provincia de Ourense, Feijóo anunciou o Plan Estratéxico 2022-2024 para atraer novas empresas
A Xunta habilitará máis de 340.000 metros cadrados na nova superficie industrial no polígono de San Cibrao
O CHOU contará con equipamento no novo Servizo de Medicina Nuclear, que contará cun invetsimento de 5,5 millóns de euros
A Xunta investirá 2 millóns de euros no estadio de fútbol do Couto
A Xunta investirá 17 millóns de euros en 27 Bens de Interese Cultural da provincia de Ourense
A Xunta creará un itinerario peonil e ciclista que conecte a cidade de norte a sur, contará cun investimento de 4,5 millóns de euros
Feijóo di que se crearán dous polígonos agroforestais nos concellos de Oímbra e Cualedro
A Xunta vai impulsar unha nova Lei de Igualdade para mulleres e homes
Feijóo di que se vai incrementar o orzamento do Xacobeo para reforzar a seguridade na catedral e mellorar a atención aos peregrinos
Comeza a quenda de preguntas
Feijóo: "A partir do 1 de abril, no caso de que a miña candidatura obteña o aval, poderei contestar as preguntas sobre a persoa que me suceda".
Feijóo di que queda garantida a estabilidade política en Galicia e no partido
Feijóo: "Sobre expectativas non me gusta postularme".
Feijóo di que é unha boa noticia o arquivo das dilixencias contra o rei Xoán Carlos
Sobre o envío de armas a Ucraína, feijóo manifestou que a posición do PP quedou este xoves clara e que están dispostos a chegar a eses consensos
Feijóo afirma que non sabe en que consiste o pacto sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
Feijóo manifesta que espera que antes do verán sea elixido o presidente do PP na cidade de Ourense
Remata a comparecencia de prensa do presidente da Xunta