Historia dos conclaves: ningunha designación tardou máis cinco días ou doce votacións
Os dous primeiros conclaves do século XXI resolvéronse en 24 horas, catro votación para Joseph Ratzinguer e cinco para Jorge Bergoglio
A Igrexa instituíu os conclaves hai case 8 séculos para evitar as interminables loitas de poder para elixir pontífice. A fórmula funcionou, polo menos nos últimos cen anos. Ningunha designación tardou máis cinco días ou unha ducia de votacións.
As normas dos conclaves levan case intactas desde finais do século XIII. Proclamounas Gregorio X para evitar que pasase como na súa elección, que tardou case 3 anos. Pero non eran perfectas: só un par de décadas despois, para elixir a Celestino V os cardeais estiveron votando 27 meses. Todo un contraste coa designación de Xulio II en 1503 no conclave máis breve da historia, só unhas poucas horas.
O século XX caracterizouse por eleccións rápidas, de entre 2 e 5 días. A que menos foi hai 100 anos. Pío XI necesitou 14 votacións. A inminencia da Segunda Guerra Mundial acelerou o trámite do seu sucesor, Pio XII, elixido tras 3 escrutinios. Foi a máis rápida do século, seguida da de Xoan Paulo I.
O tórrido verán de 1978 reduciu o proceso a 26 horas. Pero o seu papado durou pouco máis dun mes: no segundo conclave do ano, Xoan Paulo II convertíase tras 8 votacións e aos seus 58 anos no papa máis novo do século.
Longas foron tamén as deliberacións para elixir a Xoan XXIII, 11 roldas. Pero o seu sucesor, Pablo VI, só precisou de 3.
Os dous primeiros conclaves do século XXI resolvéronse en 24 horas, catro votación para Joseph Ratzinguer e cinco para Jorge Bergoglio.