Xunta e Goberno xestionarán de xeito conxunto o pago do IMV e da RISGA
Feijóo e Escrivá presentan un convenio para proxectos de inclusión social
Un proxecto de máis de 10 millóns de euros destinados a unhas 5.000 familias desfavorecidas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Inclusión, Seguridad Social e Migracións, José Luis Escrivá, compareceron en conferencia de prensa perante os medios de comunicación para presentar o convenio para o desenvolvemento de itinerarios de inclusión.
Unhas 1.700 familias, 5.100 persoas perceptoras do ingreso vital e para as que se destinan dez millóns e medio de euros este ano e o que vén co foco posto, sobre todo, na pobreza infantil.
Escrivá e Feijóo entédense ben a xulgar polo que din e dese entendemento vai vir o traspaso á Xunta do Ingreso Mínimo Vital polo principio polo que os dous partillan: a fiestra única.
"A visita foi útil e produtiva. Ademais de ter un compromiso con este convenio que estamos convencidos de que non imos defraudar; coido que desbloqueamos o inicio da coxestión do Ingreso Mínimo Vital, un inicio de colaboración na tramitación do mesmo e agardamos que nas próximas semanas teñamos un texto en que avanzar. Non ten sentido que cada comunidade teña un sistema e que a administración xeral do Estado teña outro", explicou Feijóo.
"O que estamos facendo é facilitar, que é unha das nosas obrigas, o labor dos cidadáns de que teñan un único elemento de entrada para acceder sa axudas de último recurso para familias máis necesitadas", comentou Escrivá.
Feijóo fala de xestión solidaria e leal coa administración central. Trasladoulle tamén ao ministro a importancia para os autónomos galegos de adaptar as cotizacións aos seus ingresos e unha política activa de retorno dos emigrantes dende o Goberno de España para correxir o devalo demográfico".
Minuto a minuto
"Estivemos evaluando na Seguridade Social todo o seu intenso traballo estes meses, o meu agradecemento a todos os funcionarios que fixeron un esforzo durante a pandemia" - ministro Escrivá
"Acordamos desenvolver un conxunto de programas pilotos para integración sociolaboral, pero non sabemos que funciona mellor, por iso é tan importante darlle saída a este tipo de pilotos, para ver se poden ser xeralizables en toda España, e por iso é un pracer presentar hoxe este novo programa aquí en Galicia", comenta Escrivá
"Máis de 10 millóns de euros para os dous vindeiros anos que irán destinados a unhas 5.000 familias, ademais de proxectos no ámbito educativo, de vivenda e de entornos dixitais. Imos ver cales son as actuacións que marquen a diferenza para mellorar a súa vida", explica Escrivá
"A Xunta ofreceuse a ser unha das CC.AA pioneiras en xestionar o Ingreso Mínimo Vital conxuntamente coa Risga e foi unha conversa moi contrustiva para deseñar a folla de ruta e coonseguir que poida ser así canto antes. Temos un compromiso moi firme para avanzar nesta dirección", explica Escrivá.
"O ingreso mínimo mital e a RISGA é o elemento máis importante desta xuntanza que mantiven co presidente da Xunta", sinala o ministro Escrivá
"Buscar un proxecto en que traballar e ser útiles, grazas a esta subvención que permitirá mellorar a vida e prestar certezas a familias máis desfavorecidas. Un convenio que pode asesoramento para mellorar a calidade de vida, de hábitos saudables, facturas de dentista e doutras xestións médicas e no ámbito educativo", explica Feijóo
"As políticas de retorno tamén foron tratadas nesta xuntanza, estamos tentando traer a xente con bolsas, con programas educativos en Uruguai, Cuba, Arxentina, O Brasil... e nos gustaría ter unha política de retorno activo desde o Goberno Central para que os fillos da diáspora teñan políticas artivas de emigración", comentou o presidente da Xunta
"O máis importante de todo este convenio foi o tratamento da renda mínima vital para facer unha xestión do gasto público eficiente e tamén para que haxa un rexistro único da renda mínima, evitando que cada CC.AA. teña un sistema distinto, e o Goberno Central outro diferente, porque iso non mellora as prestacións nin a súa calidade", explica Alberto Núñez Feijóo
"Temos interese por co-xestionar esa renda de ingreso mínimo vital, con solidariedade e con lealdade ao pagador, que é o Goberno Central, e dacordo cuns parámetros pactados nun modelo de acordo. Agradezo ao Ministro a boa recepción para esta xestión conxunta: tramitación da Comunidade Autónoma pero que sexa o Goberno Central quen a recoñeza (dado que a financia), quen autorice o seu pagamento, e logo será a Xunta quen a xestione. Isto é bo para a administración do Estado e para as CC.AA.", explica Feijóo