Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vicesecretario do PP cualifica a directora de Protección Civil de “pirómana”

O vicesecretario do PP cualifica a directora de Protección Civil de “pirómana”

Barcones acusara a Galicia, Castela e León e Estremadura de pedir cousas “imposibles” para acusar o Goberno de falta de medios

G24.gal 21/08/2025 15:54

O vicesecretario de Coordinación Autonómica do PP, Elías Bendodo, acusou a directora xeral de Protección Civil, Virginia Barcones, de ser “unha pirómana máis” despois de que esta insinuase que algúns gobernos autonómicos sobreactuaran para criticar ao Executivo central.

Bendodo afirmou en Madrid que Barcones se dedicou a insultar ás comunidades e que, con esa actitude, é imposible dar solución aos problemas. Preguntou tamén como é posible que a responsable de Protección Civil falase de “sobredimensionamento” cando, segundo asegurou, os gobernos autonómicos esgotaron todos os seus recursos e tiveron que recorrer ao Estado.

O político popular sostivo que o Executivo debería ofrecer medios antes de que os pidan as comunidades, e que este comportamento responde á “soberbia” do Goberno. “Os incendios non se apagan con ideoloxía nin crispación, senón con lealdade institucional”, engadiu.

Barcones di que as comunidades do PP pediron cousas imposibles para acusar o Goberno de falta de medios

Barcones acusara o mércores os presidentes de Galicia, Castela e León e Estremadura de pedir cousas “imposibles” para construír “discursos ficticios” sobre unha suposta falta de medios. Defendeu que a historia da resposta aos incendios está documentada e reprochou que se intente reescribir.

Bendodo replicou que unha directora de Protección Civil debería centrarse en cuestións técnicas e na coordinación coa extinción dos incendios, non en confrontación política.

O PP pide a comparecencia de catro ministros no Senado 

O Grupo Popular no Senado solicitou a comparecencia urxente de catro ministros para dar explicacións sobre a actuación do Goberno na extinción dos incendios. Ademais dos xa anunciados -Sara Aagesen, Fernando Grande-Marlaska e Margarita Robles- o PP pediu tamén a presenza do ministro de Agricultura, Luis Planas, para unha sesión que require habilitar o mes de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade