Cargando resultados...
Condenan catro gardas civís de Noia por acosar un compañeiro con comentarios homófobos
A sentenza recoñece o delito de abuso de autoridade na súa modalidade de atentado contra a dignidade persoal e discrimación pola súa orientación sexual

G24.gal
01/06/2022 09:29
Sentenza contra a homofobia. Catro gardas civís do cuartel de Noia acaban de ser condenados a dez meses de prisión cada un por acosar e humillar con comentarios homófobos e despectivos un compañeiro durante anos.
Un dos agresores é un superior, un cabo primeiro. A sentenza recoñece o delito de abuso de autoridade na súa modalidade de atentado contra a dignidade persoal e discrimación pola súa orientación sexual. A vítima está en tratamento psicolóxico.