Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a 9 anos de prisión por abuso sexual a unha menor de 8 anos de idade

Condenado a 9 anos de prisión por abuso sexual a unha menor de 8 anos de idade

As agresións tiveron lugar en 2015, no domicilio do acusado e nunha vivenda de amigos da familia

Fachada da Audiencia Provincial da Coruña durante o comezo do xuízo (Foto de arquivo/M. Dylan/Europa Press) Fachada da Audiencia Provincial da Coruña durante o comezo do xuízo (Foto de arquivo/M. Dylan/Europa Press)
G24.gal 26/05/2025 19:45

Un home foi condenado a nove anos de cárcere por un delito continuado de agresión sexual agravada a unha menor de 8 anos.

A sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, considerou probado que o acusado cometeu as primeiras agresións en 2015, cando a menor acudiu ao seu domicilio, con permiso dos seus pais, pasar a fin de semana.

Durante os últimos meses de 2015, segundo a sentenza, volveu agredir sexualmente a menor no baño dunha vivenda duns amigos dos seus pais, á que acudira cos seus proxenitores e na que tamén se atopaba de visita o acusado.

A sala considera fiables as declaracións da vítima, a pesar de que algunhas das súas manifestacións "non foron uniformes ou internamente coherentes".

Con todo, observa que esas "impersistencias son explicables atendida a idade da menor" cando foi agredida, ata o xuízo e os problemas de personalidade.

O ditame aínda non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG, e unha maxistrada da sala avogou pola absolución do acusado ao considerar que o testemuño da vítima "xera dúbidas que afectan a súa fiabilidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade