Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a 22 anos de cárcere o galego acusado de asasinar a súa muller en Tenerife

Condenado a 22 anos de cárcere o galego acusado de asasinar a súa muller en Tenerife

Deberá facer fronte a unha responsabilidade civil de 100.000 euros cos que deberá indemnizar a cadansúa das súas fillas

Impóñenselle, amais, dez anos de liberdade vixiada cando remate de cumprir a pensa que lle foi imposta

O acusado, no decurso do xuízo que se seguiu na súa contra O acusado, no decurso do xuízo que se seguiu na súa contra
G24.gal 26/05/2023 21:27

O home condenado por unha tribunal popular por asasinar á súa esposa na localidade tinerfeña dos Cristianos deberá cumprir 22 anos de cárcere e pagar 100.000 euros a cada unha das súas dúas fillas, ademais de permanecer 10 anos en liberdade vixiada.

O xuíz, á hora de impoñer a pena, tivo en conta o agravante de parentesco, aleivosía e de violencia de xénero, tal e como concluíu o Xurado, segundo a sentenza coñecida hoxe.

Tanto a Fiscalía como a representación do Instituto Canario de Igualdade e a acusación particular representada polo avogado, Francisco Javier Piñón Candan, pedían exactamente esa pena, aínda que o letrado elevou a responsabilidade civil ata os 113.000 euros, mentres que a defensa limitouna aos 32.000 euros para cada unha das fillas.

Anxo S. M. permanece en prisión preventiva desde que o 11 de maio de 2022 acabase coa vida da súa muller, Clotilde R. E., nun apartamento que tiña alugado no sur de Tenerife.

Unhas tesoiras

Para iso utilizou primeiro unhas tesoiras metálicas de punta redonda cunha folla de 8,5 centímetros cando a muller estaba deitada nunha cadeira de brazos e a continuación foi á cociña e colleu un coitelo de 31 centímetros co que perseguiu á vítima ata o patio onde ela tentou sen sorte pechar a porta mentres daba berros de auxilio.

Finalmente, Anxo S. asestoulle varias puñaladas á súa esposa no abdome e no costado esquerdo provocando que se esborrallase ao chan, consecuencia do cal o cadáver presentaba nove lesiones incisas, unha delas na propia cara e outras mortais.

O matrimonio era natural de Vigo, pasaba longas tempadas en Tenerife e levaban 56 anos casados, durante os cales foron constantes as chamadas á policía por mor dos malos tratos dos que foi obxecto a súa muller, á que vexaba, desprezaba e humillaba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade