Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conclúe a administración da dose de reforzo para a franxa de idade de 70 a 79 anos

Conclúe a administración da dose de reforzo para a franxa de idade de 70 a 79 anos

Os expertos aseguran que combinar diferentes vacinas é seguro e aumenta a inmunidade

G24.gal 29/11/2021 14:56

Co mes de novembro conclúe, como estaba previsto, a administración de terceiras doses ás persoas de entre 70 e 79 anos. E así que comece decembro comezará xa a poñerse a de reforzo aos de entre 60 e 69 anos.

As persoas menores de 65 que recibiron as dúas doses anteriores da vacina de AstraZeneca van recibir agora a dose de reforzo dunha vacina das de ARN mensaxeiro, é dicir, Pfizer ou Moderna.

Todos os expertos consultados recomendan esa terceira dose para incrementar a protección fronte á infección e lembran que, se meses atrás se falaba da preferencia por completar pautas co mesmo medicamento, agora mesmo toda a literatura científica e a experiencia de vacinación de millóns de persoas en todo o mundo demostra que o reforzo cunha vacina de ARN reforza a inmunidade.

"Agora xa temos datos de milleiros de persoas con diferentes pautas, mesturando diferentes vacinas sabemos que é seguro e que mesmo reforza a resposta inmune", insiste o pediatra e asesor de vacinas da Organización Mundial da Saúde, Federico Martinón. Pide "tranqulidade" porque "é importante poñer a terceira dose cando chegue o momento, porque mellora a cantidade e a calidade das defensas que temos contra o coronavirus". Ademais, engade, "mantén a protección que temos contra as formas graves enfermidade e contribúe ao control da transmisión da infección no noso medio".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade