Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concerto en galego para os cativos no Día Internacional da Lingua Materna

Concerto en galego para os cativos no Día Internacional da Lingua Materna

A marcada pola Unesco a prol das linguas minorizadas e a diversidade lingüística fai fincapé na transmisión interxeracional do coñecemento e do patrimonio cultural dunha lingua como é o galego

G24.gal 21/02/2023 14:53

Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna, marcado pola Unesco a prol das linguas minorizadas e a diversidade lingüística. Decenas de actos conmemoran a data. Nós achegámonos á escola infantil de Vite, en Santiago.

Son moi pequenos para entender por que teñen concerto na escola. Pero sen sabelo, con este Gatuxo achéganse á súa lingua materna.

A directora da escola infantil de Vite, Gloria Álvarez di: "Os pais piden cada vez máis que tamén lles falemos en galego aos fillos. E intentámolo, sobre todo a través das tradicións e dos xogos, inculcarlles a lingua materna".

As familias buscan deixarlle un legado: "Todos os días do ano temos que loitar por preservar a nosa lingua materna, o galego. E, desde logo, eles son o futuro, non? Temos que apostar por falarlles a eles porque se non é con eles a nosa lingua ten o perigo de morrer", di unha nai.

"Son nenos que van desenvolver unha serie de capacidades e de destrezas que non van ter os nenos monolingües. Iso está máis que demostrado cientificamente", engade un pai, facendo fincapé nas vantaxes de ser membro dunha comunidade plurilingüe.

Coinciden en  que é a mellor herdanza que lles poden deixar. E desde Política Lingüística, o secretario xeral pídelles "que lles transmitan ese valor, esa importancia que ten como a lingua propia do noso país".

Facer que a sintan desde cativos... coma este... así cantando e bailando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade